sábado, 31 de marzo de 2007

O TORNEO DE CATEGORÍA MASCULINA TODO UN ÉXITO

Este sábado 31 de marzo tiña lugar nas instalacións do Pavillón de Coia o VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría masculina organizado polo C.B. Seis do Nadal - Coia. Os equipos que participaron nesta categoría foron: Pescapuerta Seis do Nadal, Autoescuela San José Seis do Nadal, Canteiras "A", G.D.B. Gafanha, Marín Peixe Galego e García Barbón. Despois dos partidos da mañá, os equipos que conseguiron clasificarse para as semifinais foron Pescapuerta Seis do Nadal, García Barbón, Canteiras "A" e Marín Peixe Galego. Unha vez xogadas as semifinais, os equipos que conseguían chegar á final do torneo foron o Pescapuerta Seis do Nadal e o García Barbón. Neste partido cargado de bo baloncesto e gran deportividade, os rapaces do Seis do Nadal conseguían levarse a victoria. Así, o Pescapuerta Seis do Nadal convertíase no novo campión do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría masculina.

Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a participación e a colaboración de todos os equipos participantes e darlle a noraboa a tódolos integrantes do Pescapuerta Seis do Nadal pola súa victoria.

Xa están dispoñibles as fotos do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría masculina. Neste apartado poderedes atopar fotos da presentación do torneo, dos partidos, da comida convivencia, da final e moitas máis.

No hay comentarios: