miércoles, 4 de abril de 2007

REMATOU O VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

XA REMATOU O VII TORNEO

INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET...

   
   
   

... PERO PARA O ANO NOS AGARDA O VIII TORNEO

aTA O ANO QUE VEN!

martes, 3 de abril de 2007

CAMPIÓNS VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

PESCAPUERTA SEIS DO NADAL RECA SEIS DO NADAL
 

NORABOA CAMPIÓNS!

lunes, 2 de abril de 2007

VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

FIN DE SEMANA DE BALONCESTO E...
 
   
   
   
   
   
... MOITA CONVIVENCIA!

AS INSTITUCIÓNS CO VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

No VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo C.B. Seis do Nadal Coia contamos coa presencia de Lucía Molares, concelleira de deportes, e Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto. Lucía Molares estivo presente na presentación do torneo de categoría masculina o sábado 31 de marzo, e Francisco Martín na presentación do torneo de categoría feminina do 1 de abril. Lucía molares aproveitou a ocasión para anunciar a todos os presentes que o Concello de Vigo apoiará a proposta do C.B. Seis do Nadal - Coia ós premios do deporte de base que este ano entregará a Fundación Vigo Deporte VIDE.

Agradecemos a ambos a súa presencia no noso torneo que organizamos por séptimo ano consecutivo e o seu interés polo noso club, así como o apoio da Xunta de Galicia, do Deporte Galego, do Instituo Municipal dos Deportes, da Deputación de Pontevedra, da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Comisión Viguesa de Árbitros de Baloncesto.

Ademais agradecemos a colaboración dos nosos patrocinadores Augas de Mondariz, Dulcesol e Begano neste VII Torneo Internacional de Minibásquet.

 

moitas grazas!

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

   
   
   
 

MOITAS GRAZAS!

domingo, 1 de abril de 2007

O TORNEO DE CATEGORÍA FEMININA, UNHA GRAN XORNADA DE BALONCESTO

O pasado domingo 1 de abril tiña lugar nas instalacións do Pavillón de Coia o VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría feminina organizado polo C.B. Seis do Nadal - Coia. Os equipos que participaron nesta categoría foron: Reca Seis do Nadal, Canteiras "A", G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny, Carmelitas Vedruna e Arxil. Unha vez rematados os partidos clasificatorios disputados pola mañá, os equipos que disputaron as semifinais foron o Reca Seis do Nadal, G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny e Arxil. Despois das semifinais os equipos que conseguiron clasificarse para xogar a final foron o Reca Seis do Nadal e o G.D.B. Gafanha. Esta final cargada de emoción e igualdade resolveuse ó final do partido a favor do Reca Seis do Nadal. Deste modo, o Reca Seis do Nadal convertíase no novo campión do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina.

Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a participación e a colaboración de todos os equipos participantes e darlle a noraboa a tódalas integrantes do Reca Seis do Nadal pola súa victoria.

Xa están dispoñibles as fotos do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina. Neste apartado poderedes atopar fotos da presentación do torneo, dos partidos, da final e moitas máis.

RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA

FASE REGULAR

 

GRUPO A

 

Reca Seis do Nadal 33 - G.D.B. Gafanha 30

Canteiras “A” 28 - G.D.B. Gafanha 33

Reca Seis do Nadal 27 - Canteiras “A” 22 

 

GRUPO B

 

Aluminios Cortizo Cluny 20 - Arxil 29                 

Aluminios Cortizo Cluny 38 - Carmelitas Vedruna 19                                      

Carmelitas Vedruna 16 - Arxil 45               

 

SEMIFINAIS

 

Reca Seis do Nadal 64 - Aluminios Cortizo Cluny 28              

Arxil 34 - G.D.B. Gafanha 39                                      

 

FINAL

 

Reca Seis do Nadal 42 - G.D.B. Gafanha 35                        

 

GAÑADOR VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET

(CATEGORÍA FEMININA)

 

RECA SEIS DO NADAL

FOTOS FINAL (CATEGORÍA FEMININA)

   
   
   

FOTOS PARTIDOS (CATEGORÍA FEMININA)

   
   
   

FOTOS PÚBLICO NAS GRADAS (CATEGORÍA FEMININA)

   
   

FOTOS PRESENTACIÓN (CATEGORÍA FEMININA)