domingo, 1 de abril de 2007

O TORNEO DE CATEGORÍA FEMININA, UNHA GRAN XORNADA DE BALONCESTO

O pasado domingo 1 de abril tiña lugar nas instalacións do Pavillón de Coia o VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría feminina organizado polo C.B. Seis do Nadal - Coia. Os equipos que participaron nesta categoría foron: Reca Seis do Nadal, Canteiras "A", G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny, Carmelitas Vedruna e Arxil. Unha vez rematados os partidos clasificatorios disputados pola mañá, os equipos que disputaron as semifinais foron o Reca Seis do Nadal, G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny e Arxil. Despois das semifinais os equipos que conseguiron clasificarse para xogar a final foron o Reca Seis do Nadal e o G.D.B. Gafanha. Esta final cargada de emoción e igualdade resolveuse ó final do partido a favor do Reca Seis do Nadal. Deste modo, o Reca Seis do Nadal convertíase no novo campión do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina.

Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a participación e a colaboración de todos os equipos participantes e darlle a noraboa a tódalas integrantes do Reca Seis do Nadal pola súa victoria.

Xa están dispoñibles as fotos do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina. Neste apartado poderedes atopar fotos da presentación do torneo, dos partidos, da final e moitas máis.

No hay comentarios: