No VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo C.B. Seis do Nadal Coia contamos coa presencia de Lucía Molares, concelleira de deportes, e Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto. Lucía Molares estivo presente na presentación do torneo de categoría masculina o sábado 31 de marzo, e Francisco Martín na presentación do torneo de categoría feminina do 1 de abril. Lucía molares aproveitou a ocasión para anunciar a todos os presentes que o Concello de Vigo apoiará a proposta do C.B. Seis do Nadal - Coia ós premios do deporte de base que este ano entregará a Fundación Vigo Deporte VIDE.
Agradecemos a ambos a súa presencia no noso torneo que organizamos por séptimo ano consecutivo e o seu interés polo noso club, así como o apoio da Xunta de Galicia, do Deporte Galego, do Instituo Municipal dos Deportes, da Deputación de Pontevedra, da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Comisión Viguesa de Árbitros de Baloncesto.
Ademais agradecemos a colaboración dos nosos patrocinadores Augas de Mondariz, Dulcesol e Begano neste VII Torneo Internacional de Minibásquet.
moitas grazas! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario