· FASE REGULAR
1. Cada equipo disporá de 10 minutos de quecemento na pista.
2. Cada partido consta de 4 partes de 8 minutos cada unha a crono en marcha, agás os 3 últimos do partido (4º cuarto) que serán a crono F.I.B.A. Entre o 1º e o 2º cuarto e entre o 3º e o 4º haberá 1 minuto de descanso e entre o 2º e o 3º haberá 3.
3. Cada equipo disporá de 1 tempo morto en cada cuarto, e outro más por cada tempo extra.
4. Se o partido remata en empate, haberá un tempo extra de 3 minutos de duración crono F.I.B.A. no que se dirimirá o equipo gañador. Se persistise o empate, xogaríase unha nova prórroga de 3 minutos; así sucesivamente.
5. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 15 xogadores no torneo que ademais poderán ser inscritos na acta do partido. Como mínimo, cada equipo deberá inscribir 8 xogadores no torneo e na acta do partido.
6. Tódolos xogadores inscritos na acta deberán xogar un mínimo de 1 cuarto completo dos 3 primeiros e un máximo de 2. Só no último cuarto poderán efectuarse cambios.
7. Concederanse 3 puntos polas canastras acadadas en xogo dende a zona de 3 puntos.
8. O xogador que cometa 4 faltas personais será expulsado da pista, e non poderá xogar ata o seguinte partido do seu equipo.
· SEMIFINAIS E FINAIS
A. Cada equipo poderá inscribir un máximo de 15 xogadores na final e un mínimo de 8.
B. Tódolos xogadores inscritos na acta deberán xogar un mínimo de 1 cuarto completo dos 3 primeiros e un máximo de 2. Só no último poderán efectuarse cambios.
C. Haberá 4 períodos de 10 minutos cada un, 7 a crono en marcha e os 3 últimos cronometraxe F.I.B.A. Entre o 1º e o 2º cuarto e entre o 3º e 4º haberá 1 minuto de descanso, e entre o 2º e o 3º haberá 3 minutos. Cada prórroga durará 5 minutos a crono F.I.B.A.
D. Cada equipo disporá de, cando menos, 10 minutos de quecemento na pista de xogo.
E. Cada equipo disporá de 1 tempo morto en cada cuarto, e outro más por cada tempo extra.
F. Nos 3 primeiros cuartos, tódolos xogadores estarán obrigados a xogar, cando menos, 1 cuarto completo. Deste xeito, non poderán facerse trocos nestes períodos, agás lesión ou 5ª falta persoal dalgún xogador. No último cuarto poderán facerse substitucións.
G. O límite de faltas cometidas por cada xogador estará en 5.
No hay comentarios:
Publicar un comentario