XA REMATOU O VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET... |
|
... PERO PARA O ANO NOS AGARDA O VIII TORNEO aTA O ANO QUE VEN! |
miércoles, 4 de abril de 2007
REMATOU O VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET
Categoría: Información 0 comentarios
martes, 3 de abril de 2007
lunes, 2 de abril de 2007
AS INSTITUCIÓNS CO VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET
No VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" organizado polo C.B. Seis do Nadal Coia contamos coa presencia de Lucía Molares, concelleira de deportes, e Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto. Lucía Molares estivo presente na presentación do torneo de categoría masculina o sábado 31 de marzo, e Francisco Martín na presentación do torneo de categoría feminina do 1 de abril. Lucía molares aproveitou a ocasión para anunciar a todos os presentes que o Concello de Vigo apoiará a proposta do C.B. Seis do Nadal - Coia ós premios do deporte de base que este ano entregará a Fundación Vigo Deporte VIDE.
Agradecemos a ambos a súa presencia no noso torneo que organizamos por séptimo ano consecutivo e o seu interés polo noso club, así como o apoio da Xunta de Galicia, do Deporte Galego, do Instituo Municipal dos Deportes, da Deputación de Pontevedra, da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Comisión Viguesa de Árbitros de Baloncesto.
Ademais agradecemos a colaboración dos nosos patrocinadores Augas de Mondariz, Dulcesol e Begano neste VII Torneo Internacional de Minibásquet.
moitas grazas! |
Categoría: Información 0 comentarios
domingo, 1 de abril de 2007
O TORNEO DE CATEGORÍA FEMININA, UNHA GRAN XORNADA DE BALONCESTO
O pasado domingo 1 de abril tiña lugar nas instalacións do Pavillón de Coia o VII Torneo Internacional de Minibásquet "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría feminina organizado polo C.B. Seis do Nadal - Coia. Os equipos que participaron nesta categoría foron: Reca Seis do Nadal, Canteiras "A", G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny, Carmelitas Vedruna e Arxil. Unha vez rematados os partidos clasificatorios disputados pola mañá, os equipos que disputaron as semifinais foron o Reca Seis do Nadal, G.D.B. Gafanha, Aluminios Cortizo Cluny e Arxil. Despois das semifinais os equipos que conseguiron clasificarse para xogar a final foron o Reca Seis do Nadal e o G.D.B. Gafanha. Esta final cargada de emoción e igualdade resolveuse ó final do partido a favor do Reca Seis do Nadal. Deste modo, o Reca Seis do Nadal convertíase no novo campión do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina.
Desde o C.B. Seis do Nadal - Coia queremos agradecer a participación e a colaboración de todos os equipos participantes e darlle a noraboa a tódalas integrantes do Reca Seis do Nadal pola súa victoria.
Xa están dispoñibles as fotos do VII Torneo Internacional de Minibásquet de categoría feminina. Neste apartado poderedes atopar fotos da presentación do torneo, dos partidos, da final e moitas máis.
Categoría: Información 0 comentarios
RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA
FASE REGULAR
GRUPO A
Reca Seis do Nadal 33 - G.D.B. Gafanha 30
Canteiras “A” 28 - G.D.B. Gafanha 33
Reca Seis do Nadal 27 - Canteiras “A” 22
GRUPO B
Aluminios Cortizo Cluny 20 - Arxil 29
Aluminios Cortizo Cluny 38 - Carmelitas Vedruna 19
Carmelitas Vedruna 16 - Arxil 45
SEMIFINAIS
Reca Seis do Nadal 64 - Aluminios Cortizo Cluny 28
Arxil 34 - G.D.B. Gafanha 39
FINAL
Reca Seis do Nadal 42 - G.D.B. Gafanha 35
GAÑADOR VII TORNEO INTERNACIONAL DE MINIBÁSQUET
(CATEGORÍA FEMININA)
RECA SEIS DO NADAL
Categoría: Resultados 0 comentarios